Aquí estamos de novo, nesta ocasión celebrando o Nadal.
Os alumnos de 1º ESO A e B, non todos, pero si os máis entusiastas, animáronse a cantar dous vilancicos. Ensaiaron durante moitos recreos, ás veces rindo e xogando, outras veces enfadándose e discutindo. Pero ao final despois de pasar moito traballo e dedicación o resultado foi espectacular. Este álbum no é a gravación en directo, esta reservámola para nós ata que nola soliciten as discográficas, xa sabedes para evitar o "pirateo"...Para ver o resultado final pincha aquí
Bo Nadal
Nadal 2011 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario