viernes, 23 de marzo de 2012

ABRAHAM CARREIRO VISITA O NOSO CENTRO

Ola Abraham somos alumnos/as de 1º de ESO que vimos de ler a túa obra Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata.
A pesar de que tivemos que facer un control de lectura sobre el, porque a “profe” nos obrigou, gustounos moito e aínda nos gustou máis entrar na Rede Social de Tesouros Piratas: xoeliki.com
Sabemos sobre ti:
-Que naciches en Vigo, 1981, debes ter 31 anos
-Que cursaches 4 anos de estudos de Artes Gráficas na Escola JOSO de Barcelona e 1 ano de especialización na escola MASSANA.
-Que actualmente traballas como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico.
-Que tes publicado moito:
*COLECCIÓN: Contos que len outros nenos do mundo e outros traballos
*A fortuna de Bartolomeu
*Xanardán e a becha
*Grandes contra pequenos
*O corvo de chapapote
*Os pequenos Barbanzóns
*A revista dixital:”KKrak rebélase o galiñeiro”
- Tamén sabemos que fas debuxos para o cómic da revista Podem
-Deseñas una viñeta mensual para a revista Tempos Novos
-Tes publicada unha historia do cómic:Juppu que Guay
- Atopamos tamén traballos teus na páxina da asociación de ilustradores (http://www.agpi.es/) e no teu blog persoal:http://www.abrahamcarreiro.blogspot.com.es/
-Sabemos ademais que traballaches cóbado con cóbado con Maties Segura para crear XoeliKi.
Benvido ao nos instituto, somos todo oídos e sobre todo ollos para observar os teus dotes de debuxante.
AQUÍ ESTÁN AS FOTOS       
                                                                                      

Vídeos

No hay comentarios:

Publicar un comentario