CONCURSOS

Nesta páxina iremos poñendo toda a información que nos chega ao Departamento sobre concursos literarios,  musicais,  fotográfícos...
Todo aquilo que che poida interesar para que demostres os teus dotes artísticos.

CURSO 2011-2012

Un ano máis queremos animarvos a todos para que participedes no CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA que convoca o noso centro. Aquí vos deixamos as bases:


                                                                                                 
Como cremos que non podes ler ben as bases aquí chas deixamos:
                                      

 Máis concursos literarios, anímate, aínda estás a tempo de presentarte:
                                             

CURSO 2010-2011
Xa chegou!!! Xa está aquí o certame literario do noso centro: VIII Certame Literario Luísa Villalta. Le atentamente as bases, se non as ves ben, pincha sobre o cartel e aumentará o seu tamaño.
Anímate e participa!!



CONCURSO DE RELATO CURTO E POESÍA



B A S E S DO CERTAME DE CAMBRE
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos, segundo as seguintes categorías:
CATEGORÍA A: de 12 a 14 anos
CATEGORÍA B: de 15 a 18 anos
CATEGORÍA C: de 19 a 26 anos
SEGUNDA.- Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán de estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure: XVIII CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén ademais os datos de teléfono, correo electrónico e nome do centro no que estudia ou traballa.
QUINTA.- Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos ou ben seren enviados por correo ordinario a:
Concello de Cambre – Área de Cultura e Contratación
Adro, 1 - 15660 Cambre
SEXTA.- Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:
CATEGORÍA A: 1º Premio: 230,00 € 2º Premio: 170,00 €
CATEGORÍA B: 1º Premio: 290,00 € 2º Premio: 200,00 €
CATEGORÍA C: 1º Premio: 400,00 € 2º Premio: 230,00 €
SÉTIMA.- Aos premios practicaránselles as retencións legalmente estabelecidas. Con carácter previo á concesión comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social. Non obterá a condición de premiado aquel no que concorra algunha das circunstancias excluíntes que se sinalan na lexislación en materia de subvencións. En todo caso, para a obtención do premio, a reparación de dita circunstancia terá que ser acreditada ante o concello antes do 30 de novembro de 2011.
OITAVA.- A data límite de entrega de traballos será o venres 29 de abril de 2011.
NOVENA.- A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios, que terá lugar no instituto de secundaria David Buján de Sigrás (Cambre), o venres 27 de maio de 2011, ás 12:30 h.
DÉCIMA.- A organización do Certame resérvase o dereito a publicar os traballos premiados. Neste sentido os autores renuncian a calquera tipo de remuneración pola autoría.
UNDÉCIMA.- Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois de que se faga público o fallo do xurado. Aqueles que non sexan reclamados destruiranse pasado este prazo.
DUODÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

CONCURSO DE POESÍA:


CONCURSO DE FOTOGRAFÍA:



CONCURSO DE POESIA


RELATO CURTO



IV CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO CARLOS CANEIRO 2011
O C.P.I. Laureano Prieto de A Gudiña (Ourense), a través do seu Club de Lectura “Círculo Vermello”, co obxectivo de fomentar a creación literaria entre os xóvenes convoca o IV Certame Carlos Caneiro de relato curto en lingua galega.
B A S E S




1.     ¿QUEN PODE PARTICIPAR?
Alumnos/as que estean cursando 3º ou 4º da ESO, e 1º ou 2º de Bacharelato. Non poderán presentarse aqueles alumnos/as que xa resultasen premiados nas edicións anteriores.

2.       ¿QUE PODES PRESENTAR Ó CONCURSO?
Un RELATO, escrito en lingua galega, orixinal e inédito. O tema e estilo serán libres. A súa extensión será de 3 páxinas como máximo. Os traballos presentaránse en tamaño A4, a espacio 1,5, con tipo de letra Times New Roman e tamaño de corpo 12. Cada participante poderá entregar un traballo como máximo.

3.       PREMIO
Establécese un único premio para o gañador/a:
-Un miniordenador portátil(netbook)

O gañador recibirá un diploma acreditativo.
O relato gañador xunto cos participantes e un relato de Carlos Caneiro será publicado nun libro ao efecto.
NOTA: O gañador comprométese a recoller persoalmente o premio.

4.                 XURADO E ELECCIÓN DO GAÑADOR
Haberá un xurado inicial conostituído polos alumnos/as que forman parte do club de lectura “Círculo Vermello” do centro, xunto con dous profesores. Este xurado elixirá mediante votación, do total de obras presentadas, 4 finalistas.
Un segundo xurado constituido por tres profesores máis do centro, seleccionará a obra gañadora tamén mediante un proceso de votacións.
O fallo do xurado será o 6 de maio e a entrega do premio terá lugar nun acto presidido por Carlos Caneiro en datas próximas ao día das Letras Galegas na biblioteca do CPI Laureano Prieto.

5.             ¿ATA CANDO?
A recepción de orixinais rematará o 28 de abril de 2011.

6.           ¿COMO PRESENTAR OS ORIXINAIS?
Os traballos serán enviados por correo electrónico, como arquivo tipo Microsoft Word, (extensión .doc) adxunto ao enderezo electrónico: cpi.laureano.prieto@edu.xunta.es, especificando no asunto: IV Certame Literario de relato curto Carlos Caneiro

(Acto de entrega do premio o I Concurso de relatos celebrado en abril de 2008)
7.             ¿COMO TE IDENTIFICAS?
O correo electrónico deberá conter dous arquivos adxuntos:
1) Datos persoais: Nome, apelidos, enderezo completo persoal e do centro, teléfono persoal e do centro.

Seudónimo.
Título do traballo e modalidade.
IDADE, estudos que cursas e DNI
2) Obra que presentas co seudónimo empregado.

8. DÚBIDAS
- Para calquera dúbida podes chamar ó teléfono 988 421140
- As dúbidas non resoltas ou calquera continxencia sobre estas bases serán resoltas pola organización e, no seu caso, polo xurado.
- Os orixinais non premiados nin seleccionados para a súa publicación non serán devoltos, destruiránse unha vez fallado o certame.
- O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases

CONCURSO DE POESÍA E NARRACIÓN



B  A  S  E  S
PARTICIPACIÓN: Poderán participar alumnos de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2011.
  
MODALIDADES: Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas seguintes modalidades: Poesía (un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres) e Narración (con extensión máxima de seis folios mecanografados a dobre espazo e de tema libre).
  
PRESENTACIÓN: Enviaranse seis exemplares en papel e unha copia en soporte informático (Arial 12). Neles figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo, teléfono particular, curso e Centro onde estudia), que -para acredita-la súa condición de alumno do Centro- virán selados polo Seminario de Galego. No exterior do sobre figurarán unicamente o pseudónimo ou lema e o título da obra. Traballos e plica enviaranse conxuntamente  a: “PREMIOS LITERARIOS MINERVA”, Colexio “M. PELETEIRO”. Monte Redondo-Castiñeiriño. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
  
PREMIOS: Concederanse tres premios en cada modalidade, de 750, 450 e 300 € respectivamente,  medalla de prata conmemorativa do Certame e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio “M. Peleteiro”. Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.
  
XURADO: Estará constituído por escritores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino de Galicia e darase a coñecer con anticipación á emisión do fallo.
  
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o día 25 de marzo.
  
FALLO: Farase público nos medios de comunicación e na web do Colexio o día 30 de abril.

 FINAL: A entrega de premios terá lugar o día 19 de maio nun acto literario no Colexio “M. Peleteiro”. Nel, os agasallados deberán ler, total ou parcialmente, a súa obra. Esta quedará en propiedade do Colexio organizador
.


SANTIAGO, XANEIRO DE 2011
CONCURSO DE RELATOS ORAIS.



No hay comentarios: