SAÍDAS EXTRAESCOLARES

CURSO 2011-2012

O pasado mes de maio os alumnos de 1º bacharelato desprazámonos a Celanova para realizar un roteiro literario a partir de poemas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. A experiencia foi fabulosa: Celanova, Vilanova dos Infantes e as termas de Ourense. A partir das fotos realizadas ese día montamos esta presentación que podes ver neste enlace:


http://issuu.com/celanova/docs/roteiro_literario_celanova










O pasado xoves, 13 de outubro, os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato asistimos á representación teatral de Memoria das Memorias dun neno labrego dentro das actividades programadas para este curso polo Forum Metropolitano.
Con motivo do 50 aniversario da 1º edición da obra de Neira Vilas, Cándido Pazó fixo unha adaptación do texto e logrou acercarnos ao neno Balbino, fíxonos sentir a todos un pouco Balbinos, e descubriunos que aínda existen moitos Balbinos...sen perder o humor que o caracteriza fíxonos rir coas súas aclaracións sobre a cultura, as festas, as tradicións que viviron os nosos avós e bisavós.
 Sinxelamente espectacular, bravo Cándido Pazó!
                                                                              

Aquí tedes as fotos que constatan a vosa asistencia á representación
Movies


                        

                  

CURSO 2010-2011
En Maio realizamos un roteiro polo Mandeo,organizado por Jose Antonio Valverde, profesor de Educación Física, coñecido por todos como Pepe. Acompañámolo cun pequeno traballo de investigación sobre os topónimos: A Espenuca, Forno de Allares, O Bocelo...
Aquí estamos os alumnos de 2º ESO, curso 2010-2011,  acompañados polas profes, facendo segundo Pepe un paseíño duns poucos quilómetros, segundo a nosa apreciación unha boa camiñata de 9 quilómetros, baixo un sol de xustiza...
ROTEIRO POLO MANDEO


                     
O próximo 11 de febreiro os alumnos/as de 1º de Bacharelato asistirán á representación teatral da obra:
 A skull in Connemara ( Un cranio furado).
Sairán do Instituto ás 10:30 e regresarán ás 14:00 h.



Unha obra escrita por un explosivo autor anglo-irlandés nos anos 90 (Martin Mc. Donagh), que tiña tanta vontade de provocar ao tradicional mundo irlandés que herdaba como horrorizar o refinado público urbano londiniense.
O protagonista é o enterrador de Connemara que ten que trasladar os restos da súa esposa, morta sete anos atrás de accidente de tráfico. Acompáñano un policía local, unha media curmá e un mozo.
Non é unha peza de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de TV de forenses, non é unha festa de Defuntos ... mais ten un pouco de todo iso.
Con: Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Santi Romay.
Dirección: Quico Cadaval.
Programación: Rede Galega de Teatros.

Aquí temos algunha foto que demostra a nosa asistencia a esta representación que nos gustou moito. Iso si,
moi bos fotográfos non somos, nelas parece que se move ata o "apuntador".