OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA

O CÓMIC NAS AULAS DE 1º ESO
Cómic 1º ESO-B


Cómic 1º ESO-A
                                                                  
A partir da obra de Agustín Fernández Paz, Os cómics nas aulas, traballamos durante case un mes para acadar estes resultados que agora vos presentamos.
Seguimos estes pasos:
                               
                                 1ºInventamos unha HISTORIA: moi divertido!
porque traballamos en grupos de 2 ou 3, e xa se sabe..., isto préstase moito para falar, consensuar, xogar...
                                 2º Elaboramos o GUIÓN do cómic: Viñeta/ descrición da viñeta/ Diálogos e textos de apoio. Esta parte foi a máis complexa, porque a historia xa a tiñamos, pero agora cumpría sintetizala moitísimo e contala con imaxes, xestos, diálogos e poucos textos de apoio.
                                 3º Por fin acabamos o guión e chegamos á PLANIFICACIÓN das dúas planas.
                                 4º O DEBUXADO a lapis, isto si que foi coser e cantar. Con razón era importante facer un bo guión: coa chuleta do guión sabiamos todo o que tiñamos que debuxar en cada viñeta.
                                 5º O ENTINTADO: pasar a rotulador negro todo canto estaba debuxado
                                 6ºROTULACIÓN dos textos.
                                 7º O COLOREADO: agora si que quedaron lucidos os debuxos, co coloreado non se facían tan visibles os nosos escasos dotes de debuxntes.
Aquí vos presentamos os resultados finais.
De Vídeos
AS CANTIGAS DE AMIGO MEDIEVAIS . 3º ESO.


Na páxina principal do noso blogue aparecen estas cantigas medievais que foron realizadas hai dous anos polos alumnos de 3º ESO. A profesora Montse Yoldi realizou este traballo na aula, que se transformou por uns días nun verdadeiro obradoiro  de cantigas de amigo, escritas por trobadores e xograres que editaron este Cancioneiro das Brañas.




LIBROS DE RELATOS 1º ESO

O curso pasado 2009-2010, os alumnos de 1º ESO tiñan que traballar as diferentes categorías narrativas: o espazo, o tempo, os narradores... Cansos de estudar esta parte tan teórica da literatura, Pilar e sobre todo Fátima Rodríguez propuxéronlles aos seus alumnos escribir un relato a partir dunhas fotografías que aparecían nun estraño libro  Os misterios do señor Burdick. E fixeron os relatos, pero había que pasalos a "limpo", entón tiveron que manexar Word e descubriron que se lles podía dar forma de libro: poñer número de páxinas, enmaquetar páxina da dereita e páxina da esquerda, marxes...Cando viron isto impreso pensaron que non se podían deixar unhas follas soltas, así que... Fernando Alonso, profesor de Plástica, ensinounos a encadernar á vella usanza: encolar, coser, meter as follas no bastidor...  A empresa chegou ao seu fin e hoxe temos tres fermosos exemplares destas obras na Biblioteca do centro, para quen as queira levar á casa ,  hoxe poñémolas no blogue para que ti as poidas ler. Oxalá que o pases tan ben léndoos, coma nós facéndoos.





Podes ver un vídeo elaborado por Fátima R. Ruibal en http://www.youtube.com/embed/tJji8ccgcMA?rel=0

No hay comentarios: