miércoles, 27 de abril de 2011

Ola rapaces aquí está unha mostra do ben que podedes traballar cando o facedes en equipo. Un día propuxéronnos dende o Correlingua participar nun concurso de vídeo e alí se presentou todo 3º ESO-B para gravar coa cámara ao lombo o que fixese falta. Non gañamos o premio, pero... e o ben que o pasamos facendo tomas!!!!
Catalina Álvarez, Daniel Cid, Eva Dorado, Antón Fariña, Claudia Feijóo, Vanessa Mañana, Brais Parcero, Miguel Paz, Adrián Paz, Xabier Queijeiro, César Rega, Adrián Riveiro,Ivana Carreras e Andy Manuel foron os guionistas, actores e actrices.Tamén o avó de Luciana participou como actor, a el e á súa neta que o gravou agradecémoslles a súa colaboración.
Pero este traballo non tería sido posible sen a axuda de Patricia Iglesias, a profe de Tecnoloxía, que nos resolveu toda a parte técnica, xa sabedes: montar o vídeo, facelos cortes, este vídeo de youtube que non nos vai... . Moitas grazas Patricia.

Atención!!! o noso vídeo é o primeiro que aparece na páxina do Correlingua, co pseudónimo de
 OS FOUZAS.
Para que poidas ver todos os vídeos que participaron pincha aquí

Tamén asistimos ao Correlingua, deixamos constancia disto con esta foto que nos fixo o xornal La Opinión  con "entrevista" incluída  a Jon, como poderás comprobar na edición impresa do xoves, 5 de maio do 2011.

Podedes ver aquí as vosas fotos do Correlingua 2011.

Películas
LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO
                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario